As cancións

domingo 20 decembro 2009

1- O Tannenbaum: Panxoliña tradicional alemá. Violín: Sabela Cascón Góñez.  Non é que o seu violín sexa mal instrumento, pero gravámola co micro que tiñamos dispoñible e a calidade do son non é a mellor.

2- Himno Galego: Música de Veiga sobre "Os Pinos" de Pondal. Gravada por todos os alumnos e alumnas de música do 1º curso de Bacharelato despois dun longo día de clase, o martes 1 de decembro de 5:45 a 6:30.

3- Ave María: Melodía de Gounod engadida a un preludio de Bach. De seguro terédela escoitado nalgún casamento. Sabela Cascón Góñez ao violín, Natalia Álvarez Naveira ao piano... e o mesmo micrófono.

4- Bienvenido al Club: Composición, letra, guitarra, batería, voz, gravación, edición... Guille(rmo Vizoso Ramos).  Ou sexa, que el fixo todo cos poucos medios técnicos que tiña a man. En dúas verbas: Im-presionante :)

5- Alalá de Canido: Disque soa parecido ao Alalá de Canedo? Pode ser, mais hai unha diferenza fundamental: mentres que noutros lugares poden acompañar ao canto coa gaita, o tradicional en Canido é facelo cunha “filixei” (os anglosaxóns escriben "phillishave") en La bemol.  Xa que o autor é profe e non está moi orgulloso do  seu arranxo, prefire ficar no anonimato ;)


Filixei

Alalá de Canedo/Canido

6- Kalwi: É cousa de Brais Martelo, do nocturno, que é o noso experto en informática musical, pero aínda non nos dixo o que significa "Kalwi".






os comentarios foron deshabilitados.