O proxecto

martes 22 decembro 2009

No curso 1999-2000 xa fixéramos o CD "Imos de excursión" os de 4º curso da ESO. Dende entón non repetíramos... ata hoxe.



Daquela fora unha moi boa experiencia aínda que non saíra tan a conta, xa que cada CD gravable viña a costar o equivalente de máis de un euro de hoxe.

Nesta ocasión xuntámonos os alumnos de música cos de debuxo artístico, que fixeron moitas outras propostas ademáis da escollida (mirade a galería fotográfica).

Para a gravación empregamos o que tiñamos a man: un piano electrónico, micrófonos de pouca calidade, os instrumentos da clase, un violín e un ordenador. Editamos o son co programa GoldWave (Windows), a secuenciación con RoseGarden (Linux) e as copias con K3B (Linux).


Materiais de gravación


Gravación dos CDs con K3B


Secuenciador Rosegarden

Desexamos que vos guste o que fixemos, pero se non é o caso lembrade que no instituto temos un posto de recollida de CDs inservibles :(


Recollida de CDs na entrada do instituto

O noso agradecemento para Elvira Roiz por botar unha ollada á ortografía do texto, Kiko Souto por organizar a recolleita de ilustracións e a todos os alumnos e alumnas, dun xeito especial aos que mais  se implicaron (Guille, Sabela e Brais); e por suposto, grazas a todos os que mercáchedes o CD.






os comentarios foron deshabilitados.